Natureza

O entorno propio da gamela é o dunha natureza en bo estado. É como un peixe ou un ave máis, que cando as augas non están limpas vaise a outras ou desaparece

cart

Un marabilloso entorno en perigo

A situación da natureza na zona ocupada pola gamela ten experimentado un importantísimo deterioro nos últimos cincuenta anos. Que as rías baixas, o Miño e a costa norte portuguesa son zonas absolutamente privilexiadas non se dubida, e isto o é por biodiversidade, por produtividade e por beleza, pero o ser humano as está sometendo a unha presión de orixe poboacional e industrial que está alterando gravemente os ecosistemas. As zonas declaradas protexidas son poucas e a maior parte das veces o son dun xeito puramente nominal

foz

A Foz do Miñor, Rede Natura e pechado ó marisqueo por contaminación

 

esp. nat.

Espazos protexidos, a Serra do Argallo non é LIC e está ameazada por proxectos de parques eólicos

 

Nerga,no límite de Rede Natura, un espazo que afortunadamente se atopa en bastante boas condicións

 

montes morrazo

Montes do Morrazo, declarado espazo natural en 1991, non foi incluído en rede Natura e a súa protección está en perigo

 

argallo

A Serra do Argallo, de valores incuestionables, atópase na mesma situación que os Montes do Morrazo

 

Tamuxe

A Rede Natura do Miño, máis alonxada da presión demográfica e industrial, mantense en bo estado

 

cetaceos en Galicia

 

corvo mariño

 

bancos marisqueiros

Bancos marisqueiros actuais(en azul)

 

BANCOS MARISQUEIROS DESAPARECIDOS NA RíA DE VIGO (descritos por un vello mariñeiro)

 

Ameixa Babosa branca, roxa pola parte de fora. No comezo do recheo perto da praia da igrexa había moita “margarita" (Torallesa para os de Cesantes porque tamén había moita debaixo da ponte para a parte de terra). Tamén na zona do comezo do recheo collíase moito moelo e burros.

Esta debía ser unha parte antiga do banco marisqueiro de bouzas que ao facer o molle quedou dentro e ata avanzados os anos 80 daba ameixa babosa branca. O Ardán era unha pedra ría adentro que ainda nos 70 tiña unha sinal de ferro para que os barcos non se fodesen. Daba moita ameixa babosa branca ate que “o lodo a e merda" o taparon.

 

BANCOS MARISQUEIROS DA RÍA DE VIGO DE MAIOR CALIDADE DO MARISCO

 

As zonas de pior calidade, as do Tubito (zonas de atraques) en Vigo, as do pozo e praia de Cesantes, as do Lousal (Domaio), o Cabalo, Vilaboa, etc..

Podía seguir escribindo unha hora máis. Pero como xa todo isto é historia... deixémolo así

 

P.D. O que si é certo é que os bancos marisqueiros teñen miles de anos, tal vez millóns, destruír, destrúense cada ano moitos, pero nacer novos nunca vin nacer ningún.

 

1956-2009

 

RECHEOS PORTOS DEPORTIVOS
Baiona Peirao (1) 8.737 m2 Baiona P.D. (1) 139.342 m2
Baiona Peirao (2) 6.834 m2 Baiona P.D. (2) 51.769 m2
Illa de Toralla 28.259 m2 Bouzas P.D. (1) 77.633 m2
Punta do Muíño 5.649 m2 Bouzas P.D. (2) 22.159 m2
Bouzas 865.413 m2 Bouzas P.D. (3) 9.447 m2
Beiramar (1) 9.817 m2 Bouzas P.D. (4) 15.792 m2
Beiramar (2) 2.151 m2 Beiramar P.D. (1) 10.901 m2
Beiramar (3) 7.983 m2 Peirao Trasatlánticos 12.061 m2
Beiramar (4) 21.071 m2 Peirao Náutico 42.316 m2
Beiramar (5) 17.808 m2 P. D. A Lagoa 96.784 m2
Beiramar (6) 17.061 m2 P. D. Teis 6.201 m2
Beiramar (7) 4.881 m2 P. D. Chapela (1) 10.017 m2
Beiramar (8) 17.339 m2 P. D. Chapela (2) 12.235 m2
Berbés (2) 89.649 m2 P. D. Mendiño 41.985 m2
Berbés (3) 9.815 m2 P. D. Arcade 16.512 m2
Berbés (4) 8.266 m2 P. D. Pereiro 4.883 m2
Náutico 8.262 m2 P. D. Santradán 24.989 m2
Areal 36.317 m2 P. D. Domaio 22.765 m2
Guixar 229.744 m2 P. D. Loitamar 85.102 m2
Teis (1) 2.795 m2 P. D. Moaña 33.544 m2
Teis (2) 2.430 m2 P. D. Cangas (1) 7.060 m2
A Guía 306 m2 P. D. Cangas (2) 19.825 m2
Punta de Araño 1.114 m2 P. D. Cangas (3) 17.687 m2
Baixada de Ríos 2.669 m2
Teis (1) 76.006 m2
Teis (2) 15.993 m2
Chapela (1) 8.549 m2
Chapela (2) 24.469 m2
Chapela (3) 24.107 m2
Chapela (4) 14.790 m2
Rande (1) 6.964 m2
Rande (2) 3.620 m2
Mineral - Vieirasa 60.330 m2
Ferymag 27.540 m2
Marisma do Alvedosa 105.543 m2
Mendiño 7.959 m2
Arcade 39.877 m2
Vilanova 6.287 m2
Santradán 706 m2
Fandicosta 28.663 m2
Varadoiro Domaio 3.911 m2
Porto de Domaio 7.912 m2
Meira 32.584 m2
Peirao de Meira 1.028 m2
Costa do Latón 23.921 m2
Porto de Meira 16.354 m2
Peirao de Con 18.212 m2
Punta Cortés 1.503 m2
Cangas 16.544 m2
Cangas Peirao (1) 2.458 m2
Cangas Peirao (2) 7.650 m2
Cangas Peirao (3) 24.417 m2
Frigoríficos do Morrazo 22.742 m2
TOTALES: 2.073.532 m2 783.092 m2
SUMA FINAL: 2.856.624 m2

Máis de 2.850.000 m2 gañados ao mar en 40 anos. Segúndo algúns un “crecemento sostible", “respectando o medio ambiente" e “a gran riqueza da ría".