Distribución actual

Partindo dos datos obtidos en dúas catalogacións realizadas a primeira no ano 2003 dentro dun proxecto europeo Estela-Equal e a segunda no 2010 dentro dos Grupos de Acción Costeira, estes son os puntos onde podemos atopar hoxe gamelas coruxeiras:


Ver gamelas coruxeiras nun mapa máis grande

Unhas 200 gamelas resisten a pé de mar

Restan unhas 200 gamelas “coruxeiras”, distribuídas dende Cangas ata Oia. O foraborda desprazou á vela e agora o poliester vai sustituíndo a estas pequenas xoias da arquitectura naval.

distr

Distribución por portos e praias no 2003 e no 2010

 

Este era o mar que navegaban as gamelas coruxeiras:

mar das gamelas

Distribución actual: datos xerais

Estes son os datos tomados no 2003 e no 2010 sobre o uso das embarcacións, o material en que están construídas e o seu estado:

datos

Fortes e rápidos cambios

No espazo de soamente sete anos, a actividade da pesca tradicional pasa a ser prácticamente testimonial, acéntúase a utilización do contrachapado e o estado das embarcacións empeora con claridade

Distribución por portos e praias no 2003 e no 2010

Estes datos mostran unha primeira sorpresa, a pesares dunha impresión natural de decadencia da tipoloxía, o número aumenta debido probablemente ás seguintes causas:

 

Os criterios utilizados neste censo 2010 foron os mesmos que se tiveron en conta no 2003, a saber:

 

calsoa

Non temos moitos datos sobre as cifras máximas que se puideron alcanzar pero por exemplo Eliseo Alonso, no seu libro "Gamelas y marineros" escrito nos 80, cita aos máis vellos de Baiona falando de 500 a 1.000 gamelas na ría, e cita directamente unhas 100 gamelas no porto de Canido.

 

fontaíña

As medidas tomadas non varían significativamente do 2003 ao 2010, son:

MIN MEDIA MAX
ESLORA TOTAL 3,00 4,26 5,72
ESLORA QUILLA 1,65 2,71 3,75
MANGA 1,43 1,71 2,14
PUNTAL 0,31 0,47 0,67