Construcción da Roncadeira

O proxecto aproveita a existencia de numerosas embarcacións en desuso aínda en moi bo estado de conservación. A gamela que se obtivo para este proxecto foi proporcionada por Benito e é unha típica gamela guardesa utilizada para pesca profesional e construída moi recentemente, cinco anos segundo o seu vendedor, por un reputado carpinteiro de ribeira da zona, bo coñecedor da tipoloxía e autor de innumerables gamelas guardesas.

cart

As características básicas son:

ESLORA CASCO 5,10 M

ESLORA EN FLOTACIÓN 4,25 M

MANGA 2,05 M

CALADO MÁXIMO 0,67 M

FRANCOBORDO A PLENA CARGA 0,55 M

DESPRAZAMENTO EN LASTRE 150 KG

DESPRAZAMENTO A PLENA CARGA 550 KG

Como embarcación de traballo que era, foi construída cunha solidez fora de dúbida, con amplios espesores de madeira, gran cantidade de reforzos, varadoiros de gran fortaleza e reforzos especiais nas zonas de maior desgaste en aceiro inoxidable de bo espesor.

Como características especiais, o espello ten unha inflexión, xa realizada dende a súa construción, destinada á fixación dun motor foraborda, fixación que resulta máis difícil no espello habitual da gamela, que ten unha pronunciada inclinación.

Tiña tamén un viveiro destinado a ter cebo vivo a bordo,con orificios no fondo para que a auga do viveiro estivera convintemente refrescada e peche superior por riba da flotación, evidentemente para que estes orificios inferiores non supuxeran o afundimento da embarcación.

Os remos son orixinais, probablemente doutra embarcación anterior, e dispón dunha forqueta para estiba de aparellos.

benito 02

A construcción

A recuperación da gamela comezou coa retirada dos elementos que non se conservarán, como son o viveiro, o banco do medio, as forquetas, etc..

A continuación realizouse unha completa limpeza da pintura en mal estado da embarcación e a retirada total dela nas zonas onde se adicionaron elementos novos.

Comezouse entón o cortado da estampa de popa e a preparación das novas superficies de encaixe do novo espello abatible.

constr.

Comezaronse a tenderse as novas cadernas resistentes nas posicións de popa, viveiro, banco central e banco de proa. Tamén os lonxitudinais que forman os bancos laterais. Sobre estas cadernas e lonxitudinais tendeuse o chan, e as partes superiores dos bancos laterais, que restarían case ata o final sen colocar.

cons

Prepararonse as caixas das orzas e as ranuras de fondo, protexéndoas coidadosamente mediante un acabado epoxe e un laminado de fibra de vidro nas zonas de maior roce.

cons04

 

cons05

Fíxose unha montaxe previa de todolos elementos, para unha vez preparadas e marcadas todas as pezas, se proceda a o seu pegado conxunto con epoxi. Todos os espazos interiores quedaron completamente recubertos de resina epoxi.

Deixaronse groeiras de movemento de auga entre tódolos reforzos. Aínda que estes espazos van permanecer totalmente pechados, a excepción de seis rexistros estancos, esta precaución debe manterse para asegurar a ventilación cando a embarcación estea en terra por períodos prolongados e para o hipotético caso de que entrara auga por unha vía de auga ou outra circunstancia.

cons6

cons7

Realizaronse tamén or reforzos para nos puntos de esforzos puntuais e de fixación de pezas ou equipos, tales como as fixacións de obenques, das bisagras do espello, as fixacións da cadeira, da pía do pau, dos carrís de escoteiros, etc..

Prestouse especial atención ao encaixe do espello de popa e as zonas que teñan que soportar un maior uso e desgaste.

cons8

Unha vez preparadas tódalas pezas procedeuse ao seu montaxe con resina epoxi e ao laminado superior na zona de fondo e o seu remate con acabado antideslizante.


Realizouse un montaxe previo de tódolos equipos da embarcació: orzas, timóns, carrís, mordazas, xarcia fixa, compás, cornamusas, bases de winches e winches, enrolador, etc...


Unha vez montados e comprobado o seu correcto posicionamento, procedeuse ao seu desmontaxe para realizar o pintado final da embarcación, interior e exterior co protocolo tradicional: minio de chumbo e pintura ó aceite.


Tras o pintado final, voltáronse a situar os equipos asegurando a súa estanqueidade e establecendo un calendario para futuras revisiones y renovaciones das xuntas de estanquidade.


Instalaronse os elementos finais tales como vela, xarcia de labor, equipos de seguridade etc..

construcion gamela

cons

cons

 

construcion gamela

construcion gamela

construcion gamela

construcion gamela

Probas de mar

Cos equipos xa na embarcación en orde de mar, procedeuse á comprobación e axuste de elementos: ó axuste fino da xarcia fixa, á comprobación de mecanismos de orzas e timóns, e realizouse unha proba de estabilidade consistente no pendurado dun peso de 48 Kg sen que a gamela escore máis de 45º; unha de flotabilidade, con un peso de 180 Kg e unha de adrizamento, na que a tripulación endereitou a embarcación sen axuda externa.

 

Elaborarouse un manual da embarcación no que se detallan a súas características, o seu uso pormenorizado, as precaucións de seguridade que deberán ser tidas en conta, e o mantemento periódico que deberá realizarse.

probas

probas