Concello da Guarda

O Concello da Guarda abordou o proxecto "gamela guardesa de vela adaptada" dentro das iniciativas levadas a cabo polo Grupo de Acción Costeira 7, Ría de Vigo-A Guarda.

cangas

O Concello co deporte

A Guarda, entre outros valores, presume dun importante e variado movemento asociacionista que dinamiza a vida cultural e deportiva da vila. Os diferentes clubs deportivos mobilizan diariamente a numerosos rapaces e rapazas de todas as idades  canalizando deste xeito os intereses e soños de todos eles/as.

Tal dinamismo tan só é posible pola inestimable participación de persoas que desinteresadamente exercen como adestradores, directivos e ás veces incluso de titores daqueles nenos e nenas que coa ilusión de participar, de lograr unha meta se esforzan nos adestramentos diarios e en cada actividade, partido ou competición.

Axudar, colaborar na medida das posibilidades e recursos con todos e cada unha das entidades deportivas é pretensión da concellería de deportes que é consciente de que o esforzo realizado por directivos, adestradores, pais e nais de todos os deportistas contribúe a educar nuns valores de esforzo persoal, de compañeirismo, de vida saudable que son de enorme interese xeral para calquera comunidade.  

A Concellería de Patrimonio, Deporte e Medio ambiente é levada por D. Manuel Javier Crespo González.