Simple pero evolucionada

A aparente simplicidade da gamela oculta a evolución que permitíu chegar a estas formas simples e versátiles, a esta construcción sinxela e fiable. Na ría de Vigo a gamela evolucionou lixeiramente dando lugar á nomeada "gamela coruxeira".

nomes

Características básicas

A simplicidade construtiva intégrase cunhas características mariñeiras moi salientables, como pode ser a excelente estabilidade propia das carenas rectangulares, a amplitude de espazo dispoñible e a facilidade de varada das embarcacións de fondo plano.

A gamela coruxeira é máis estilizada que a guardesa, con menos francobordo e proa máis lanzada. Adiciona corredores e tamboleteiras de proa e popa. A pía faise algo máis completa e reforza a fogonadura cunha caseta do pau.


A depuración do método construtivo produce una embarcación moi forte, de pouco mantemento e poucos puntos febles.


A simplicidade do aparello vai en busca da versatilidade, pois o remo tamén é amplamente utilizado.


A tripulación en vela era normalmente de tres persoas, pero tamén se utilizaba con dúas ou incluso unha soa.


Había gran variedade de esloras, sendo as máis normais as situadas arredor das 14 cuartas de quilla (uns 5 metros de eslora total).

na illa

elisa

Medidas típicas (ELISA, A Congorza):

Eslora total: 4,30 m

Eslora quilla: 2,75 m

Manga: 1,72 m

Puntal: 0,44 m

 

datos 2010

Datos máximos, mínimos e medios na catalogación feita no ano 2010

 

debuxo morling

rula

Rula no mar

 

planos rula