Club deportivo Alagua

O club Alagua (Asociación de lecer acuática guardesa) é unha asociación sen animo de lucro coa finalidade de practicar e fomentar os deportes acuáticos no Baixo Miño, principalmente a vela lixeira e o piragüismo de recreo.

alagua

Vela lixeira nunha situación privilexiada

As actividades do club levanse a cabo na súa maioría no TRIM (Tramo Internacional do Rio Miño) no tramo comprendido entre Tui e a desembocadura do Miño na praia do Muíño en Camposancos (A Guarda), situado dentro do Lugar de Interese Comunitario Baixo Miño, da rede Natura 2000.

Na actualidade, o club leva a cabo diversas actividades ao longo do ano, principalmente no período estival, tales como regatas, paseos, quedadas, etc... abertos a todos aqueles que queiran participar.

Ademais das actividades promovidas polo club, tamén asistimos a eventos organizados por outros clubs e asociacións de Galicia e o norte de Portugal.

Desde o club quérese animar a todo o mundo a coñecer e gozar das posibilidades que ofrece a contorna acuática da nosa zona.Por parte do club ponse toda a ilusión e o empeño posible para poder achegar o medio natural a quen o desexe, incluíndo dende a incorporación da Roncadeira ao colectivo de discapacitados físicos, dunha forma saudable e respectuosa.

alagua

alagua

 


Ver club alagua en un mapa más grande